Formación > Bolsas de estudo

imagen cabecera

Bolsas de estudo


Bolsas de estudo para o alumnado

Bolsas de estudo

O oficio da cantería é un dos traballos artesanais máis antigos e nobres, e queda constancia da súa importancia na nosa terra ao longo da historia a través de construcións tan singulares coma dolmens, castros, cruceiros etc.

Aínda que esta profesión se foi perdendo pouco a pouco, hoxe en día estase recuperando a través de escolas e obradoiros. Así, a Escola de Cantería ten a finalidade de conservar e promover este oficio para colaborar na recuperación do patrimonio cultural.

Por iso, considérase prioritario brindarlle apoio económico ao alumnado da Escola de Cantería mediante o desenvolvemento dunha liña de axudas destinada a cubrir, na medida do posible, as súas necesidades.