
Bolsas de estudo
Bolsas de estudo para o alumnado
Bolsas de estudo
O oficio da cantería é un dos traballos artesanais máis antigos e nobres, e queda constancia da súa importancia na nosa terra ao longo da historia a través de construcións tan singulares coma dolmens, castros, cruceiros etc.
Aínda que esta profesión se foi perdendo pouco a pouco, hoxe en día estase recuperando a través de escolas e obradoiros. Así, a Escola de Cantería ten a finalidade de conservar e promover este oficio para colaborar na recuperación do patrimonio cultural.
Por iso, considérase prioritario brindarlle apoio económico ao alumnado da Escola de Cantería mediante o desenvolvemento dunha liña de axudas destinada a cubrir, na medida do posible, as súas necesidades.
- Bases reguladoras da convocatoria de axudas para o estudo (BOPPO 16/11/2022)
- Extracto da resolución presidencial da convocatoria (BOPPO 16/11/2022)
- Tramitación en sede.depo.gal