A Escola > Introdución

imagen cabecera

Escola de Cantería


A Escola empeza a súa andadura o 15 de xaneiro de 1979 nas instalacións do mosteiro de Poio, dependente do Ministerio de Cultura. O primeiro curso comeza cunha matrícula de 29 prazas

En 1982 pasa a depender da Deputación de Pontevedra e a partir do ano 2000 iníciase un novo proxecto con instalacións propias. Os 26.000 m² sobre os que se vai realizar a construción cédeos a Comunidade de Montes de San Salvador, con achegas das consellerías de Industria e Cultura da Xunta de Galicia. O autor do proxecto é o arquitecto Enrique Barreiro Álvarez.

A finalidade da Escola é conservar e promover un dos oficios máis antigos e nobres de Galicia, o de cantería, para ensinar a arte de traballar a pedra.

A Escola desenvolve as súas actividades como un obradoiro de traballo artesanal en pedra, no que se combinan o ensino teórico e o práctico. Os traballos do alumnado e do profesorado van deixando pegada do patrimonio arquitectónico popular de Galicia por todo o mundo: en Fortaleza (Brasil), Maracaibo (Venezuela), Manila (Filipinas), La Paz (Bolivia), Nova York (EUA), Nicaragua, Querétaro (México), Río Gallegos, Buenos Aires (Arxentina) ou Montevideo (Uruguai), Chile, Cuba, Alemaña, Francia, Suíza, Romanía e Portugal; así como na realización de hórreos e outras obras que locen en varios puntos de España e do estranxeiro.

O alumnado procede de Galicia, doutras autonomías españolas e do estranxeiro.