
Obxectivos
Recuperar o oficio de cantería, en vías de extinción no momento da construción da Escola
De formación
- Ensinar a traballar a pedra
- Estimular a vocación artística para o desenvolvemento da artesanía no sector da elaboración dos traballos en pedra
De futuro
- Crear postos de traballo no sector da cantería
- Conservar e promover o patrimonio da arquitectura tradicional e da escultura popular na súa propia contorna
- Crear un centro de investigación e de tratamento da pedra
-
Crear un colectivo de profesionais que poidan traballar en:
- Restauración de monumentos arquitectónicos e escultóricos do patrimonio histórico-artístico
- Empresas da construción
- Obradoiros artesanais
- Obradoiros industriais de elaboración do granito